LABORATORIO DE MEMORIA EN TRANSFORMACIÓN SOCIAL
Iniciativa de natureza participativa impulsado a través de Extramundi en colaboración co Colectivo Galiza Emocional a través da financiación da Deputación da Coruña (2019) para a realización dunha cartografía emocional baseada no territorio de actuación: a cidade de Santiago de Compostela.
Desde a perspectiva da diversidade, a través da incorporación de novas narrativas sobre como as persoas perciben, senten e interaccionan na (e coa) contorna, poñendo o foco na diversidade funcional, artelláronse procesos e actividades necesarias para darlle vida ao produto final do proxecto: o Mapa Emocional Compostela Accesible (2019), baixo a nomenclatura artística “CRÓNICA DOS TRÁNSITOS”.
No ano 2020, se decide apostar por transformar este proxecto nunha liña programática, que aborde a relación da diversidade funcional co hábitat, ampliando ámbito de intervención e redefinindo aspectos a mostrar nesta cartografía de experiencias locativas.
Esta acción programática se orienta á identificación de elementos sociais e ambientais que inflúen na vida das persoas con diversidade funcional e o seu círculo de proximidade; compartindo mediante fórmulas socio-artísticas as experiencias/coñecementos das persoas entrevistadas así como aquelas barreiras e aspectos facilitadores cos que conviven neste territorio.
Para esta fase piloto do LABORATORIO DE MEMORIA EN TRANFORMACIÓN SOCIAL se contou coa colaboración da Consellería de Política Social a través da financiación a entidades do programa de Servicio de Voluntariado Xuvenil (BS320A).
Sumérxete nesta proposta e compártenos a túa experiencia en https://cronicas.extramundi.org/gl
TURISMO ACCESIBLE MULTILINGÜE
Financiado a través da Consellería de Turismo (TU300A), concíbese como unha acción etnoartística de promoción do patrimonio material e inmaterial do Camiño de Santiago (Camiño do Norte), a través do impulso de accións participativas que promovan e garantan o dereito á información turística da comunidade xorda no marco da Unión Europea. As accións e produtos promoven o patrimonio natural, involucran a interacción desta comunidade co territorio e se garante a creación de material multilingüe de difusión turística adaptado onde se revalorizan os espazos e recursos deste Camiño. Realizado en colaboración con el Colectivo Galiza Emocional.