GALEUROPA concíbese como un programa xuvenil de mobilidade transnacional centrado na mellora da empregabilidade e das competencias socio laborais de mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación. O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil.
Mediante a facilitación de prácticas formativas non remuneradas en empresas multisectoriais do eido público e privado europeo se promoverá que os/as participantes:
- Incrementen as posibilidades de inserción laboral para a mocidade.
- Complementen a competencia profesional e persoal.
- Adquiran competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos.
- Fomenten a autonomía persoal.
CARACTERÍSTICAS E COBERTURA GALEUROPA 2019
Estadía de 3 meses (setembro, outubro e novembro) de prácticas formativas non remuneradas multisectoriais en empresas de Italia, Reino Unido e Portugal.
Faránse 100 horas mensuais de prácticas e un curso de idioma na lingua de traballo do teu destino.
Durante a duración programa de mobilidade contarás co noso apoio e da entidade de acollida ademais de un mentor/a no país.
O programa prevee cubrir:
- A viaxe de ida e volta.
- Prácticas en empresa.
- Aloxamento e manutención dos/as participantes.
- Transporte local.
- Seguro médico e de Responsabilidade Civil.
- A formación lingüística de apoio.
- Mentor/a no país.
REQUISITOS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA:
- Ter entre 18 e 30 anos e estar empadroado en Galicia.
- Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
- Ter dispoñibilidade do 30 de agosto ao 30 de novembro e a motivación para vivir noutro país.
- DNI ou pasaporte válido en vigor para poder viaxar.
- Poseer tarxeta sanitaria europea.
- En cumprimento dos criterios da orde se priorizá as personas de menor idade, sen experiencia en mobilidade. Se favorecerá a participación das persoas con diversidade funcional.
- Superar o proceso de selección do programa.
Se estás interesado/a en participar podes contactarnos para resolver e aclarar aspectos da mobilidade no correo galeuropa@extramundi.org ou facer a túa solicitude de acceso/interese no programa no seguinte enlace habilitado