GALEUROPA concíbese como un programa xuvenil de mobilidade transnacional centrado na mellora da empregabilidade e das competencias socio laborais de mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación. O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil.

Mediante a facilitación de prácticas formativas non remuneradas en empresas multisectoriais do eido público e privado europeo se promoverá que os/as participantes:

  • Incrementen as posibilidades de inserción laboral para a mocidade.
  • Complementen a competencia profesional e persoal.
  • Adquiran competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos.
  • Fomenten a autonomía persoal.

CARACTERÍSTICAS E COBERTURA GALEUROPA 2018

Estadía de 3 meses (setembro, outubro e novembro) de prácticas formativas non remuneradas mutisectoriais en empresas de Italia, Reino Unido e Portugal.

Faránse 100 horas mensuais de prácticas e un total de 71 horas de curso de idioma na lingua de traballo do teu destino.

Durante a duración programa de mobilidade contarás co noso apoio e da entidade de acollida ademais de un mentor/a no país.

O programa prevee cubrir:

  • A viaxe de ida e volta.
  • Prácticas en empresa.
  • Aloxamento en apartamento e manutención dos/as participantes.
  • Transporte local.
  • Seguro médico e de Responsabilidade Civil.
  • A formación lingüística de apoio.
  • Mentor/a no país.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA:

  • Ter entre 18 e 30 anos e estar empadroado en Galicia.
  • Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Ter dispoñibilidade do 30 de agosto ao 30 de novembro e a motivación para vivir noutro país.
  • DNI ou pasaporte válido en vigor para poder viaxar.
  • Poseer tarxeta sanitaria europea.
  • En cumprimento dos criterios da orde se priorizá as personas de menor idade, sen experiencia en mobilidade. Se favorecerá a participación das persoas con diversidade funcional.
  • Superar o proceso de selección do programa. 

Se estás interesado/a en participar podes contactarnos para resolver e aclarar aspectos da mobilidade no  correo galeuropa@extramundi.org

O prazo de recepción de solicitudes abrirase dende o 31 de Xullo ata o 7 de SETEMBRO en cumprimento dos criterios da orde de axudas.

Para a resolución do proceso de selección Extramundi poñerase en contacto coa totalidade de participantes, informando sobre o estado das candidaturas do programa. As persoas non seleccionadas ficarán nunha lista de agarda ata que se resolva todo o proceso.
Se tedes algunha dúbida contactade con nosco.


REXISTRA A TÚA CANDIDATURA





Conselleria de Política SocialFondo Social Europeo